venres, 15 de febreiro de 2019

As series

Ver series é outro hobby que eu teño, gustanme moitas series pero sin duda Game of thrones é unha das que mais me gusta.


Tamen me gustou moito Élite.

E outra series que me gustou especialmente foi Fariña.

O RCD

Dende cativo e penso que moito ten que cambiar para que non sexa para toda a vida, non hai equipo de fútbol que me atraia máis, non polo xogo, non porque teña grande xogadores, se non porque dende pequeno souben que eu era da Coruña e gustame apoiar oas meus, por iso mesmo eu son do Real Club Deportivo de La Coruña. Porque como din SER DOS QUE GAÑAN É MOI FÁCIL, SER DO DEPORTIVO PARECENOS MELLOR.

Fútbol

Outro dos meus hobbys é o fútbol, actualmente estou no equipo do meu pobo, chámase Sporting Zas, imos entrenar dous días e xogamos os domingos normalmente pola tarde.
Non soamente xogo ao fútbol federado se non que os sábados pola tarde normalmente vou xogar ao fútbol sala, con un grupo de amigos que nos levamos moi ben dende pequeniños.
O meu xogador favorito de fútbol herba sempre foi e sempre será Juan Carlos Valerón Santana, un xogador de Arguineguín, Las Palmas, que xogou entre outros equipos no meu equipo favorito que é o RC Deportivo de La Coruña.

Viaxar

A min o que máis me gusta é viaxar pero claro, para poder viaxar necesitanse cartos e eu a verdade é que tampouco teño tantos para poder viaxar tanto como me gustaría, ainda así puiden disfrutar de alguns viaxes como por exemplo:

Sevilla


En Sevilla, recordo que o pasei xenial, fun coa miña noiva, foramos os dous unha semaniña, e fora xenial porque eu sempre quixen ir e disfrutei como un neno pequeno.